Linux é unha
versión
libre e aberta do sistema
operativo UNIX creada
inicialmente por Linus
Torvalds e posteriormente por programadores de
todo o mundo através de internet usando ferramentas desenvolvidas
previamente por Richard
Stallman e o Proxecto
GNU, polo que ás veces tamén
se coñece como GNU/Linux.
Estritamente, Linux refírese
ao kernel ou núcleo Linux,
que Linus desenvolveu a partir de Minix e
puxo a disposición do público en 1991.
De maneira xenérica, Linux, ou GNU/Linux, é este
núcleo máis as utilidades e
as librarías do
Proxecto GNU.
O termo Linux aplícase
tamén ás distribucións,
que son escollas de grandes cantidades de programas que
se poden descargar libremente desde unha chea
de sitios na rede ou
adquirir aos seus creadores.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Linux |