Miguel Edreira Castro
Imaxes para o Mundo
Cableados no faiado ...
As miñas Bookmarks...
Links sobre Mac

 

As miñas BOOKMARKS
Macintosh: beleza e consisténcia
Apple en Galicia

Que é MAC OS?

Da Galipedia, a wikipedia en galego:

Sistema operativo utilizado nos computadores Apple. Na actualidade estase a comercializar a versión 10.4 de Mac OS. A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en 1984, coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o rato, fronte ós PC de IBM desa época, que utilizaban MS-DOS.

Sen embargo, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente trala xeralización das máquinas PC e a introducción de Microsoft Windows. En calquera caso, sempre mantivo unha cuota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron en serio risco a continuidade da plataforma.

No ano 2001 Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Sen embargo, esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, baseado en UNIX e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sírvese dun emulador. A introducción deste novo sistema, bautizado como Mac OSX, xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa (iPod) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida.

No 2005 Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores PowerPC nas súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaran a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, nembargantes, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.

Miguel Edreira

http://pt.wikipedia.org/wiki/Macintosh

 

Links sobre Macintosh
Links Recomedados 

 


Miguel Edreira Webiste: Informática e Deseño web

 

Miguel Edreira Website:Cableados no Faiado: Informática e Deseño Web Miguel Edreira Blog 1