Miguel Edreira Website

 

Cableados no Faiado

REPENSANDO A WEB

Outravolta coma un camaleón esta web muda de cor para ofertar somente información e links relacionados coas novas tecnoloxias .

Medrarán os links e as miñas bookmarks compartidas, se cadra tamén próspera a idea do fotolog...a verdade sobrepasados os trinta paso de perder excesivo tempo en deseñar interfaces web para o lucimento persoal .

Traballo con Mac OS, mais ainda uso Windows 2000 ou XP nalgunha reliquia de 300 mghz que hai pola casa e instalo algunha versión de Linux para amenizar eses momentos valeiros das fins de semana que outras/os adican a resacas e lecturas dos suplementos de prensa.

Disfruto da informática aparte de viver dela, mais non son adicto a nada, nen defensor dunha ou doutra marca ou sistema. Utilizo a tecnoloxia mais procuro que non sexa ao contrário. Neste complicado comezo do século XXI nada funciona coma nos venderan: seguimos percorrendo as cidades montados en ruidosos aparellos que consumen cantidades inxentes de combustiveis fóseis, os ordenadores son máquinas tontas que funcionan a base de sistemas que se colgan, non hai robots que fagan o noso traballo, e esa Europa solidaria a que pertencemos gasta millóns de euros en aramios para que Africa sega a morrer de fame sen que o vexamos.

Apple fai cartos cos iTunes e Microsoft levará Windows à Marte se se descobre ali a existéncia dalgun tipo de virus, mesmo alguen deveria exiliar ali ao ínclito Bill Gates polo ben da humanidade ou polo menos para axudar à saude mental dalguns técnicos de hardware... Algun estudante de informática será quen de fabricar os seus própios drivers para linux e nada cambiará demasiado mentres importe máis a marca, cor ou modelo de ordenador que o que se fai con el...

Desde aqui contarei a miña particular visión da evolución de cousas coma internet, nacida de Arpanet -enxendro militar ianqui produto da guerra fria-, a usabilidade e as redes livre-pensadoras online e de activismo e hackivismo democrático frente a imperios monopolísticos e ditaduras mediáticas que tentan aparvar-nos.

Haverá un pouco de todo, máis non incluo blog (sempre vos quedará todonada.com )con posibilidade de réplica, teredes no e-mail, a única forma de contribución ou crítica ao aqui apareza. Mentres eu estarei a reinstalar a última beta de Dreamweaver ou a facer amaños e cableados no faiado desta casa chea de ordenadores reciclados e paredes de pedra a proba de intrusións wifi...

Miguel Edreira - Outono 2005

 

Miguel Edreira Castro: Deseñador Web


Miguel Edreira Webiste: Informática e Deseño web

 

Miguel Edreira Website:Cableados no Faiado: Informática e Deseño Web Miguel Edreira Blog 1